| O BNG denuncia a existencia de vertidos no río de Artes |
|
|
| Mércores, 16 Agosto 2006 | |
|
Este é o aspecto que presenta estes días o río Sanchanás, situado na parroquia ribeiresa de Artes. A presenza deste vertido contaminante, provocado pola canalización do colector municipal situado a escasos metros da ponte, é unha constante nos últimos días e faise máis visible a causa do escaso caudal que leva o río. Ademais da contaminación que produce na zona, os danos provocados polo vertido son especialmente graves posto que o río desemboca no Parque Natural, ocasionando un impatco medioambiental de gran magnitude. Para poñer fin a esta situación, e moitas outras similares, que se rexistran con frecuencia no municipio ribeirés, o BNG xa ten presentado un escrito ante o goberno no que solicita unha mellor xestión do saneamento municipal. Para os nacionalistas é inadmisible que o executivo non tela abordado aínda o saneamento integral do concello despois de catro lexislaturas no goberno. Por este motivo, solicita que se adopten as medidas necesarias para eliminar o vertido contaminante do río de Artes e que se dea conta á corporación dos pasos a seguir para avanzar no saneamento integral do concello. Redacción Barbanza |



RIBEIRA > O BNG de Ribeira vén de denunciar a existencia de vertidos contaminantes no río de Artes procedentes do colector municipal de saneamento situado a poucos metros. Segundo os nacionalistas, que xa presentaron un escrito ante o concello, a presenza de residuos contaminantes repítese con demasiada frecuencia no municipio polo que instan ó executivo a abordar urxentemente o saneamento integral do concello.

