Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow A Xunta pon en marcha a rexeneración das zonas queimadas
 
 
autonmicas09_top.jpg
A Xunta pon en marcha a rexeneración das zonas queimadas Imprimir Correo electrónico
Venres, 18 Agosto 2006

GALICIA > A Xunta de Galicia non dá marcha atrás e reafírmase nas cifras sobre as hectáreas queimadas na vaga de incendios forestais. Rexeitan as presentadas polo PP e anuncian que de inmediato se empezarán a rexenerar as zonas danadas. Medio Rural cualificou a medición do PP realizada polo portavoz no Congreso, Eduardo Zaplana, de despropósito xa que cifraba en máis de 180.000 as hectáreas de terreo queimadas.

imaxewebincendios_200_180806.jpgOs populares aseguran teren contabilizado as hectáreas en datos tomados dunha web dunha empresa privada de cartografía baseados en imaxes extraídas da NASA. Medio Rural precisa ó respecto que, na súa páxina, a mesma axencia espacial norteamericana especifica que as fotos dos seus satélites non serven para calcular superficies queimadas en incendios forestais.

Segundo isto a Xunta reafírmase nas 77 mil hectáreas provisionais á espera da medición de campos de campo dos incendios de maiores dimensións. A consellería que dirixe Suárez Canal anuncia que comezará ‘de inmediato’ unha campaña de rexeneración progresiva das zonas queimadas. Consistirá na implantación dunha cuberta herbácea protectora da erosión e a posterior re-vexetación.

A aplicación de medidarestoscinza_autorxabierm_200_180806.jpgs para evitar a degradación dos chans das zonas queimadas é un labor urxente. A erosión podería arrastrar cinzas, capas orgánicas do chan e sementes imprescindibles para a re-vexetación. Neste sentido Medio Ambiente asegurou que as primeiras chuvias tralos incendios non provocaron arrastres ‘significativos’ de cinzas e outros elementos nin ós ríos nin ó mar.

Redacción Salnés

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?