Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Ana Pontón solicita un avaliación da peligrosidade da rotonda do colexio Castelao
 
 
Ana Pontón solicita un avaliación da peligrosidade da rotonda do colexio Castelao Imprimir Correo electrónico
Luns, 21 Agosto 2006

rotonda2_100_210806.jpgRIANXO > A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, estivo esta mañá no concello de Rianxo para comprobar ‘in situ’ as repercusións e o impacto que pode causar a nova rotonda na seguridade dos alumnos do colexio Castelao.

Ana Pontón estivo acompañada polo portavoz nacionalista en Rianxo, Xoan Bautista Mariño, e por unha representación dos pais dos alumnos do Colexio Castelao, que lle expuxeron á nacionalista a súa preocupación polos riscos derivados da instalación dunha rotonda a tan só tres metros do centro escolar. En resposta a esta situación, a deputada nacionalista comentou que van levar esta cuestión ó parlamento galego para que se faga unha avaliación do impacto da rotonda na seguridade dos alumnos do colexio.

Ana Pontón quixo facer fincapé na importancia de garantir a seguridade e a rotonda1_200_210806.jpgtranquilidade da comunidade educativa e tamén na necesidade de que se tomen as medidas adecuadas canto antes para evitar posibles riscos durante o período escolar. Pola súa banda, os pais consideran que é unha imprudencia manter a ubicación actual da rotonda e solicitan ó executivo local que rectifique no proxecto e elimine dita infraestructura antes de que os rapaces comecen o curso. 

Ademais o colectivo de pais non se rende e para este domingo convocaron unha manifestación diante da casa consistorial.

Pola súa banda o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro, explicou que a obra de construcción da rotonda contou dende un principio cos informes técnicos favorables para a súa execución e mesmo coa aprobación do proxecto por parte dos representantes do colexio. Según o rexedor rianxeiro, o informe de seguridade realizado indica que a construcción desta infraestructura nas inmediacións do centro escolar no supón ningún risco para os alumnos, aínda que non descarta a posibilidade de eliminala se se constata que non se garante a seguridade dos rapaces. 

Redacción Barbanza

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg