Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Xaime Bello supervisa as obras de construcción do centro da Asociación 'Amicos'
 
 
Xaime Bello supervisa as obras de construcción do centro da Asociación 'Amicos' Imprimir Correo electrónico
Venres, 25 Agosto 2006

RIBEIRA > O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xaime Bello, estivo esta tarde na parroquia ribeiresa de Oleiros para visitar as obras de construcción do centro de día da Asociación ‘Amicos’. O representante provincial puido comprobar ‘in situ’ o desenvolvemento destas obras para as que a entidade achegou máis de 100 mil euros.

Xaime Bello estivo acompañado da presidenta da Área de Benestar Social do goberno provincial, Margarida Vázquez, pola presidenta da asociación ‘Amicos’, Esther Vidal e por outras autoridades como o alcade de Boiro e o de Ribeira. Durante a súa visita o representante provincial fixo un percorrido polas instalacións do centro de día da asociación para comprobar o ritmo das obras de ampliación e se se están a cumprir os prazos establecidos no proxecto inicial. Recentemente comezaron xa os traballos da segunda fase, centrados en acondicionar a primeira planta e o baixo cuberta e é probable que as obras estén rematadas, tal e como se acordara, en marzo do 2007. 

A Deputación da Coruña, a través da súa área de Benestar Social, cofinancia este proxecto de ampliación do centro de día coa aportación de case 112 mil euros, dos cales uns 7.000 están destinados a subvencionar a posta en marcha do transporte adaptado para as persoas que necesiten desprazarse ata as instalacións. Unha vez rematadas as obras este novo centro comarcal contará con obradoiros ocupacionais e aulas de formación nas que se poderá atender a un total de 80 persoas con discapacidade.

Redacción Ribeira

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg