|
Un obreiro ferido grave nun accidente laboral en Boiro |
|
|
|
Mércores, 30 Agosto 2006 |
|
BOIRO > Un xoven traballador da construción veciño de Boiro resultou ferido grave a consecuencia dun accidente laboral que se produciu na zona de Praia Xardín. Ó parecer e segundo informaron fontes policiais o obreiro precipitouse dende unha altura de tres metros, dunha cuarta planta á terceira.
O accidentado, Miguel Ángel G: G, de 28 anos e natural de Boiro, estaba traballando nun edificio en construción na zona de Pr aia Xardín, cando por motivos que se descoñece precipitouse dende unha altura de tres metros, dunha cuarta planta a unha terceira. Ata o lugar do sinistro achegáronse varias unidades dos Parques de Bombeiros de Boiro e Ribeira, que se encargaron de atender ó ferido.A dificultade do rescate provocou que os bombeiros tiveran que empregar unha autoescada para recoller ó ferido polo aire, que primeiro tivo que ser inmobilizado nunha padiola. O xoven unha vez rescatado foi trasladado nunha ambulancia do 061 ata o Hospital Comarcal do Barbanza onde se lle diagnosticaron lesións na columna e diversos politraumatismos. Redacción Barbanza |