Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Pontevedra e comuneiros trazan as liñas dun plan de prevención de incendios
 
 
autonmicas09_top.jpg
Pontevedra e comuneiros trazan as liñas dun plan de prevención de incendios Imprimir Correo electrónico
Mércores, 30 Agosto 2006

PONTEVEDRA > O concello de Pontevedra reuniuse coas comunidades de montes do municipio. Entre os temas que trataron estaban, por suposto, o dos incendios. O concello implicarase na prevención e defensa dos montes dos lumes e colaborará economicamente coa reforestación e prevención.

Os obxectivos da reunión celebrada entre o concello de Pontevedra e os comuneiros son claros: rexenerar o monte queimado, canalizar as axudas que outorgará a administración para este fin e elaborar un plan de prevención e defensa contra os incendios baseado nun decreto da Consellería de Medio Rural de finais de xuño. A obtención das axudas contempla a necesidade de declarar o municipio Pontevedrés como zona de especial risco de incendio, o que implicaría obter maior subvención.

Non habería problema en principio, xa que Pontevedra foi un dos concellos máis castigados polo lume. Ás axudas de Medio Ambiente, a Xunta e o Concello, preténdese engadir a da deputación provincial. Con esta finalidade dirixiranse ó seu presidente Rafael Louzán. O concello pontevedrés aportará unha cantidade que se achega ó millón e medio de euros anuais co obxectivo de buscar solucións ó problema dos lumes. Actitude que o grupo municipal socialista apoia plenamente. Dende o equipo de goberno aseguran que o concello pontevedrés é o primeiro de Galicia en implicarse económica e administrativamente.

Redacción Salnés

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?