| Polémico conflicto pola implantación dunha área comercial en Espiñeira |
|
|
| Venres, 08 Setembro 2006 | |
|
Este desagradable incidente producíase no trancurso dunha rolda de prensa convocada polo grupo municipal do PP de Boiro para amosar o seu desacordo cos convenios urbanísticos que o goberno pretende desenvolver para a creación de centros comerciais nas zonas da Pedreira e Espiñeira. Manuel Escurís, propietario dos terreos onde se pretende levar a cabo o proxecto, irrumpiu na sede dos populares increpando ós membros da executiva ós que mesmo chegou a calificar de ‘caciques’. Segundo explicou posteriormente o protagonista do incidente a fontes desta redacción, a súa intervención era obrigada ante as acusacións de suposto ’pelotazo urbanístico’ que o representante do PP boirés estaba a verter sobre este convenio. Manuel Escurís explicou que o seu proxecto consiste na ampliación do centro de xardineiría Espiñeira complementado coa creación da área comercial de LyC que garantiría a afluencia de público.Escurís cualifica ademais de ‘contradictoria’ a postura dos populares que defenden a implantación dun área comercial en Goiáns, finca situada nos arredores e que se atopa afectada por Costas e Patrimonio, mentres que non consideran axeitados os terreos de Espiñeira por atoparse fóra do casco urbán. Tralo incidente, no que se chegaron a producir momentos de moita tensión, o presidente dos populares boireses, Manuel López Outeiral, declarou que se trataba dunha interrupción desafortunada posto que a xuntanza fora convocada pola executiva do partido a nivel privado. Pola súa banda, Manuel Escurís formulou unha denuncia contra López Outeiral por supostas agresións xa que, segundo o denunciante, foi golpeado e ameazado polo representante dos populares. A pesar deste polémico suceso, os populares boireses seguiron a desenvolver a súa comparecencia pública na que adiantaron que votarán en contra dos dous convenios urbanísticos no vindeiro pleno do día catorce. O PP considera que existe chan urbanizable apto para usos comerciais contemplado no PXOM polo que non ve lóxico a necesidade de recalificar terreos para a construción de superficies comerciais. Os populares cualifican de ‘pelotazos urbanísitcos’ os convenios que pretende levar a cabo o goberno tripartito. No caso da recalificación da Pedreira, os populares optan polo acordo aprobado durante o seu mandato no cal se proxectaba a construción do centro comercial na finca de Goiáns. Segundo eles, este convenio sería moito máis beneficioso para os boireses xa que non suporía un gasto para as arcas municipais nin a perda de terros na Pedreira. No caso de Espiñeira, o grupo popular comparte a necesidade dunha área comercial pero non nestes terreos de calificación agrícola e forestal. Neste sentido, os populares instan ó goberno a desenvolver as áreas contempladas no plan xeral antes e realizar este tipo de operacións que consideran de ‘dubidosa legalidade’.Por outra banda, o representante do PP boirés criticou a xestión do tripartito á fronte do concello local debido á falla de investimento en proxectos orientados ó desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o grupo popular considera que o alcalde, Xosé Deira, debería ter dimitido hai tempo e deixar paso a ‘xente preparada’ que, na súa opinión’ poida ‘aportar algo á vida pública’. Redacción Barbanza |



BOIRO > A recalificación dos terreos de Espiñeira para a implantación dunha área comercial é un tema que non só enfronta ó tripartito boirés e á oposición. O propietario da finca a recalificar amosou o seu claro desacordo coa postura dos populares que cualifica de ‘contraditoria’. Manuel Escurís sostén que a recalificación dos seus terreos é perfectamente legal e ademais contribuiría ó crecemento económico de Boiro coa creación de máis de catrocentos postos de traballo.

