Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow Restos de algas polinizadas tiñen de vermello as augas do porto ribeirés
 
 
Restos de algas polinizadas tiñen de vermello as augas do porto ribeirés Imprimir Correo electrónico
Martes, 19 Setembro 2006

algas_100_190906.jpgRIBEIRA > As augas da dársena ribeiresa presentan estes días un aspecto inusual con varias manchas de ton vermello que, nun primeiro momento, fixeron salta-la alarma sobre a presenza dun novo vertido contaminante. Sen embargo, as análises posteriores confirmaron que son produto da polinización de certas algas provocadas polos cambios na temperatura.

A presenza desta manchas de ton encarnado, que se extendían ata o paseo marítimo de Coroso, alertou a varios veciños e mariñeiros da posibilidade dun novo vertido contaminante. Sen embargo, fontes de capitanía Marítima e a Policía Local disiparon pronto as dúbidas informando de que os residuos procedían de restos de algas que chegaron á ría.algas_200_190906.jpg

A hipótese máis probable é que un cambio de temperatura provocou variacións en certos tipos de alga facendo que expulsaran o polen.

Esta non é a primeira vez en que se rexistra unha mancha destas características na zona posto que en Muros detectouse outro caso similar a principios de verán. A pesar da vistosidade das manchas non supoñen ningún risco medioambiental nin unha ameaza para as especies mariñas.

Redacción Barbanza

 

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg