| O BNG insta ó concello pobrés a acometer unha reforma integral na zona do Lapido |
|
|
| Martes, 26 Setembro 2006 | |
|
... situada entre a urbanización Lamas e Andrés e a Rúa Alexandre Bóveda. Os nacionalistas denuncian o estado de abandono en que se atopa este núcleo que carece de espazos verdes e alumeado público e presenta importantes deficiencias na sinalización e ordenación do tráfico. Os nacionalistas pretenden con este escrito facerse eco das reiteradas denuncias dos veciños desta zona de recente construción que observan cada día o estado de abandono a que está sometido o seu barrio. Segundo o grupo local do BNG, as zonas contempladas coma espazos verdes no planeamento urbanístico non son tal senón que a falla de coidado por parte do goberno municipal provocou que se convertesen en auténticas escombreiras. O mesmo acontece co parque de Rafael Baixeras no que a caída dos froitos das árbores e a falla de limpeza provoca a acumulación de insectos e lixo no seu entorno. Neste sentido, os nacionalistas reclaman a dotazón de contedores de lixo axeitados e suficientes así como a limpeza dos mesmo posto que actualmente presentan un estado evidente de abandono. Dende o BNG non só se reclama o mantemento dos espazos públicos senón tamén a garantía da limpeza das fincas privadas posto que existe unha ordenanza municipal que obriga ó executivo a facerse cargo no caso de que o particular non cumpra a súa obrigación. Este é o caso dunha parcela situada ó carón do parque Rafael Baixeras que actualmente se atopa poboada de maleza e residuos. Os nacionalistas tamén solicitan ó concello que proceda ó acondicionamento da finca de titularidade pública situada á carón da Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. Segundo a súa voceira, a falla de limpeza provocou a aparición de ratas que se introducen nos garaxes motivando contantes queixas dos propietarios. Outras das reclamacións do grupo nacionalistas refírense ó mal estado das rúas e á falla de alumeado público posto que en todo o barrio atópanse unicamente dúas luminarias polo que durante a noite a zona faise practicamente intransitable. A ordenación do tráfico é outra das preocupacións do BNG posto que o núcleo está constituído por rúas moi estreitas que permiten a circulación en ámbolos dous sentidos así como o estacionamento nunha das marxes. Ademais botan en falla máis elementos de sinalización que contribúan a regular o tránsito de vehículos. Rosana Pérez considera que a actitude do goberno municipal é de total deixadez. Neste sentido, lembro que xa en marzo de 2005 os nacionalistas presentaran unha moción no pleno solicitando diversas actuacións. Daquela, o executivo alegou que se trataba dunha zona aínda en construción polo que a presenza de escombros era frecuente. Na actualidade, o concello vén de anunciar a realización dunha actuación integral da zona que podería dar comezo nos próximos días. O proxecto contempla o movemento de terras e acondicionamento da explanada así como a esbilización de támaras e a instalación dun valado na segunda fase da urbanización Lamas e Andrés. Así mesmo procederase á instalación de puntos de luz, o arranxo das beirarrúas e a limpeza do entorno. Redacción Barbanza |



POBRA > O BNG da Pobra do Caramiñal vén de presentar un escrito no concello solicitando unha serie de melloras na zona do Lapido, ...

