| Política Territorial financiará unha nova ponte na zona do Ordenario |
| Luns, 02 Outubro 2006 | |
|
A intención do executivo boirés pasa fundamentalmente porque a obra, que será sufragada por Política Territorial, se execute o máis axiña posible. As enchentas do pasado inverno provocaron o afundimento de parte da estrutura da coñecida como Ponte do Ordenario sobre o río Coroño que separa as parroquias de Boiro e Cures. Dende aquela e xa van alá varios meses a ponte permanece pechada ó tráfico e os veciños de zonas como Coroño,Teaño, Loxo ou Ordenario que a cotío empregaban este paso deben agora usar outras pontes debido ó actual estado da infraestrutura, o que lles causa un grave prexuízo, xa que teñen que dar máis dun rodeo. O edil de Obras boirés explicou as características da actuación proxectada polo concello e que contempla a demolición e a construción dunha ponte nova de maiores dimensións. A obra será financiada integramente pola Consellería de Política Territorial que aportará preto de noventa e seis mil euros. Redacción Barbanza
|


BOIRO > O tenente de alcalde e edil de Obras de Boiro, Xoán Xesús Ares, mantivo un encontro cos veciños da zona de Ordenario para informarlles do proxecto de mellora da ponte alí existente sobre o río Coroño. 
