| Os sumilleres Agustí Peris e Manel Pla participan no Másters de Hostalería |
|
|
| Martes, 03 Outubro 2006 | |
|
PONTEVEDRA > O Instituto Carlos Oroza de Pontevedra acolle o ciclo do Máster en Hostalería: “Viños tintos, da identidade ao servicio.” O ciclo de servizo de viños pertence os dous primeiros másters en Hostalería de Galicia. Unha iniciativa que pretende elevar o nivel da formación ocupacional e a reciclaxe dos profesionais nos conceptos e técnicas de vangarda para o servizo de persoal de sala. O director dos másters, Guillermo Campos, deu a benvida os asistentes na primeira xornada no Instituto Carlos Oroza de Pontevedra. A primeira clase do ciclo foi impartida polos sumilleres e prescriptores en viños Agusti Peris e Manel Pla que deron un resumo da situación actual da viticultura e enoloxía en España e de Australia como referente vitivinícola do novo mundo. Redacción Salnés |




