| O Colexio Julia Becerra de Ribadumia xa ten comedor escolar |
|
|
| Martes, 03 Outubro 2006 | |
|
RIBADUMIA > Os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria xa tiveron a súa primeira comida. A boa adaptación dos nenos ás comidas sorprendeu a pais e mestres. Para moitos nenos o comedor do colexio supón un castigo xa que deben comer o menú que cada día se lles asigna. Os alumnos do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia son unha excepción, onte estreaban o novo servizo de comedor , e aínda que non sempre a comida é do agrado de todos, estaban encantados. O colexio habilitou para o comedor mesas de diferentes tamaños para a comodidade dos alumnos de todas as idades. A alcaldesa, Salome Peña, fixo unha visita ás instalacións para comprobar a boa adaptación dos pequenos e para anunciar que xa hai un compromiso de todas as administracións para subvencionar o cincuenta por cento dos menús escolares.
Redacción Salnés |




