Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Os comerciantes da praza de Ribadumia chegan a un acordo có concello
 
 
Os comerciantes da praza de Ribadumia chegan a un acordo có concello
Martes, 03 Outubro 2006

RIBADUMIA > Os comerciantes da praza de abastos de Ribadumia chegaron a un acordo co concello para vender os seus productos no exterior mentres se realizan as obras de remodelación do edificio.

Os comerciantes da praza de abastos de Ribadumia aceptaron a proposta presentada polo concello para continuar traballando , no tempo que duren as obras de remodelación do edificio. Esta semana comezarase a retirar todas as cousas do interior da praza e o vindeiro martes atenderan xa os seus clientes no exterior.

O proxecto da praza de abastos consistirá na demolición das bancadas de venta de peixe para a creación dunhas novas, a incorporación de melloras na electricidade, fontanería , iluminación, tellado e portas, na limpeza e acondicionamento da cuberta, a creación de aseos e a pavimentación do interior da construcción.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?