Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow Detidos dous veciños de Meaño por tráfico de drogas a pequena escala
 
 
Detidos dous veciños de Meaño por tráfico de drogas a pequena escala Imprimir Correo electrónico
Martes, 03 Outubro 2006

PONTEVEDRA > Dous veciños de Meaño, J.L.F.O. de 51 anos e G.M.G. de 29 anos foron detidos pola Garda Civil de Pontevedra como autores dun delicto de tráfico de drogas a pequena escala. 

A Garda Civil informou da detención de dous veciños de Meaño como autores dun delicto de tráfico de drogas a pequena escala. O pasado 27 de setembro, ás dez e media da noite os axentes da garda civil daban o alto na rotonda de Samieira a dous vehículos sospeitosos que viñan seguindo desde o día anterior. No rexistro incautouse nun dos vehículos 200 tabletas de hachís, cun peso aproximado de 22 quilos, ocultas nunha bolsa detrás do asento do conductor.

O primeiro detido, J.L.F.O. de 51 anos, circulaba no coche lanzadeira, e o segundo, G.M.G. de 29 anos, viaxaba no outro vehículo implicado, tamén de gama alta e no que se atopou a droga. Durante a operación un terceiro ocupante, posible cabeza da operación, conseguiu eludir o cerco policial e darse á fuga. Os detidos, os coches e a droga foron trasladados á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e tras pasar a disposición xudicial decretouse o seu ingreso en prisión.

A operación mantense aberta e non se descartan novas detencións. A Garda Civil de Pontevedra leva varios meses investigando este tráfico de drogas a pequena escala en toda a provincia.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg