| A asociación de veciños de Santa Cruz pon en dúbida a potabilidade da auga |
|
|
| Mércores, 04 Outubro 2006 | |
|
Vicente Costas, veciño do lugar de Pedriñas na parroquia de Santa Cruz, vén de amosar o seu malestar ante a reiterada falla de subministro de auga na zona que, segundo denuncia, repítese tódolos veráns. Este veciño considera que a resposta do executivo ante esta problemática non está a ser a axeitada deixando sen este servizo ós núcleos rurais primando as actuacións na zona urbana da Pobra. Por outra banda, os veciños denuncian o mal estado da auga da rede municipal que non reúne as condicións de potabilidade. A Asociación de Veciños procedeu á realización de varias análises para certificar o bo estado da auga pero todas tiveron o mesmo resultado negativo. Por este motivo, xa presentaron ante a Consellería de Sanidade un escrito solicitando a toma de medidas para garantir a total salubridade da auga. Dende o colectivo veciñal agárdase que tanto a administración autonómica como a local respondan ás súas demandas. Redacción Barbanza |



POBRA > A Asociación de Veciños Santa Cruz, da Pobra do Caramiñal, vén de denunciar as deficiencias detectadas no subministro de auga desta parroquia.

