Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow As chuvias arrastran os restos do monte queimado ata as praias do Barbanza
 
 
autonmicas09_top.jpg
As chuvias arrastran os restos do monte queimado ata as praias do Barbanza Imprimir Correo electrónico
Venres, 06 Outubro 2006

limpezaraposios_100_061006.jpgPOBRA > As intensas chuvias e os pasados incendios están a provocar xa os primeiros danos colaterais.

Uns 130 mariscadores a pé da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal distribuídos en varias quendas levan a cabo estes días a limpeza dos areais ateigados de follas, terra e cinza procedentes dos montes da zona e que resultaron arrasados durante os incendios forestais deste pasado verán.

As trombas de auga e as escorrentías están a provocar que esa capa máis superficial da terra vaia parar ás praias.

Unha das zonas que está a resultar máis afectadas é a praia dos Raposiños onde os mariscadores se afanaban na retirada dos restos procedentes do monte queimado.

Coas propias mans, ou axudados con rastrillos e diversos vehículos facilitados polo propio pósito ou polo concello, que tamén limpezaraposios_200_061006.jpgestá a colaborar nos labores de limpeza dos areais, levan a cabo este laborioso traballo.

Para o patrón maior da Pobra, Manuel Maneiro, polo de agora aínda é cedo para facer un balance dos danos que este problema pode causar no marisco.

Redacción Barbanza

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?