SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| Finaliza o Torneo de Dorna a Vela 2005 na Illa de Arousa |
| Luns, 17 Outubro 2005 | |
|
Esta fin de semana puxoxe o peche das actividades da Escola de Navegación e Aparellamento da Illa de Arousa. Como non podía ser doutra maneira o fin do ano de regatas estivo na entrega de premios as Dornas máis regulares das regatas Vela Galicia 2.005. A xornada comezaba na Illa de Arousa nas instalacións da escola de vela no Bao. Alí as embarcacións tradicionais saíron o mar onde se estableceron tramos a vela e a remo como regata de peche da tempada. Xa a noitiña os competidores dirixíronse a recoller os seus premios e agasallos. Houbo para todos, as 51 embarcacións que participaron no Trofeo de Dornas a vela 2.005 levaron o seu premio. Despóis chegaron os trofeos das embarcacións máis regulares. A dorna vencedora foi a “Liviana” patroneada por Tomas Pérez e “Peixe” do Naútico Rodeira de Cangas. O segundo foi para “Bazarra” patroneada por Juan Luis Iglesias e Ignacio Prieto da ACD Dorna. No terceiro lugar pero non menos importante estivo “Forza R” patroneada por josé Manuel Parada e Alberto Iglesias tamén da ACD Dorna. Non se pudo esquecer a labor de embarcacions como “Pereka” que aspiraba a ser das primeiras ainda que non puido rematalo campionato, o non poder asistir a última regata da competición. Entre actuacións máis destacadas estiveron as de “Nécora” e “Xarandeira” que estiveron nos primeiros postos durante case tódolo torneo.
Redacción Salnés |


BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

