VILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.
| Os transportistas chegan a un acordo co Goberno |
|
|
| Martes, 18 Outubro 2005 | |
|
Os transportistas de mercancía por estrada lograron sobre a unha deste mediodía pechar un acordo co Goberno sobre as medidas que demandan para compensar a suba do combustible. O acordo supón unha solución ó céntimo sanitario. Sen embargo, o paro manterase ata que o sector consiga tamén o pertinente acordo cos cargadores, aínda que esperan que se poida acadar durante a xornada de hoxe. Os transportistas aceptaron finalmente a proposta pola que o Goberno se compromete a pedir ás comunidades autónomas que aplican o céntimo sanitario que eximan ós transportistas do pago deste imposto co que gravan a venta do carburante para financiar a sanidade. No caso de que os gobernos rexionais rechacen esta petición, o Executivo compensará económicamente ós camioneiros, pero só polo que paguen polo segundo tramo da taxa. Redacción Salnés |

















