VILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.
| A Coordinadora de Confrarías Danadas polo Prestige pide novas medidas no Congreso |
|
|
| Martes, 18 Outubro 2005 | |
|
A Coordinadora de Confrarías danadas polo Prestige solicita hoxe nunha comparecencia no Congreso dos Deputados que se tomen novas medidas polos danos ocasionados polo afundimento da petroleira. Case tres anos despois da maior catástrofe ecolóxica europea, as perdas continúan en aumento. A producción marítima é precisamente un dos principais obxectivos a defender na comparecencia da coordinadora de confrarías danadas polo prestige na súa intervención de hoxe no congreso dos deputados. A coordinadora presentará tódolos informes realizados dende que aconteceu a catástrofe e esixirá ó Estado que tome medidas e actuacións. Con estas peticións evitan facer recursos constantemente ó tempo que velan por plans de prevención. Na intervención no Congreso contemplan tamén a solicitude de paradas biolóxicas e semente das especies máis prexudicadas nos últimos tres anos. Dende a coordinadora aseguran que as perdas están sendo cada vez maiorese que a peor parte da crise productiva aínda está por vir. Redacción Salnés |

















