Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O Seminario Carlos Velasco constata que é posible vivir do monte galego
 
 
O Seminario Carlos Velasco constata que é posible vivir do monte galego Imprimir Correo electrónico
Luns, 06 Novembro 2006

julioparedes.ptecarlosvelasco_100_061106.jpgPONTEVEDRA > O Seminario Carlos Velasco continúa a estuda-las posibilidades do monte galego,…

… e tralos incendios deste verán o seu traballo está de plena actualidade.

Moitos esperaban o novo número do seu boletín socioeconómico que ven de saír á luz e que trata sobre os montes periurbanos, aqueles que rodean ás cidades e vilas e que supoñen un importantísimo recurso para a sociedade galega.

seminariocarlosvelasco_300_061106.jpgCoincidindo coa publicación do boletín número 12 do Seminario Carlos Velasco presentouse tamén ó novo presidente da entidade, Julio Paredes Seoane. Un vello colaborador do seminario que naceu precisamente coa intención de traballar desinteresadamente en prol do noso entorno e na busca de solucións a un dos recursos con máis futuro en Galicia: o monte. Para iso o novo presidente continuará a liña seguida pola anterior directiva. Os membros do Seminario apostan sobre todo por constituír un Polo Tecnolóxico Forestal que aproveite os valiosos recursos renovables do monte galego.

Montes periurbanos

Neste novo boletín apóstase polo pleno de desenvolvemento dos montes periurbanos, aqueles máis cercanos ás áreas urbanas. O equipo técnico do Seminario estudou o caso de Vigo para establecer posibles vías de intervención nuns montes que están chamados a ser auténticas zonas verdes para uso e desfrute dos cidadáns e cun indubidable valor ecolóxico.

En calquera caso, o que sí deixaron claro unha vez máis dende o Seminario Carlos Velasco é que o monte galego ten futuro se sabemos adaptalo ós novos tempos.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg