Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O alcalde de A Pobra pecha a discoteca Gran Vía

A POBRA> O rexedor decidiu non outorgar a licenza definitiva de apertura  do establecemento, emprazado no rueiro do Xogo da Bola, por mor dos numerosos altercados que teñen acontecido no exterior do local durante as noites da fin de semana.  O incendio nunha vivenda provocado  presuntamente por varios clientes que o dono botou da discoteca, foi a gota que encheu o vaso. O propietario do local cre que con esta decisión o concello cede á chantaxe dos vándalos.

 

 + máis    

 

Teatro, reciclarte, xogos de sempre e charlas no rural de Vilagarcía Imprimir Correo electrónico
Martes, 18 Outubro 2005

A Concellería de Xuventude de Vilagarcía iniciou esta tarde a terceira fase do seu programa de actividades lúdicas e formativas dirixidas a rapaces do medio rural. Ata finais de mes desenvolveranse cursos de teatro e reciclaxe, xogos e charlas.

Teatro infantil, reciclarte e xogos de sempre, son as ofertas de ocio que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía no rural. En Guillán comezou esta tarde o curso de teatro, que se desenvolverá tódolos martes e xoves de seis e media a sete e media na casa de cultura. Na Xunqueira, o cursiño celebrarase no local parroquial os venres de cinco a seis da tarde.

Outra actividade será reciclarte, que comeza mañá en Guillán e remata o 30 de novembro. As clases seran de seis a sete e media tódolos mércores. En Cea, comeza o día 28 e será os venres de cinco a seis e media ata o 25 de novembro. Por último, na Torre, as clases serán os luns, de seis e media a oito, desde o 7 de novembro ata o 12 de decembro.

Na programación tamén se inclúen xogos de sempre, na casa de cultura de Carril, desde o 8 de novembro ata o 20 de decembro. As actividades complétanse con charlas na casa de cultura da Torre, unha sobre Prevención de Hábitos Nocivos, o 8 de novembro, e outra sobre Deseño de Proxectos, o 20 de decembro.

Redacción Salnés

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
DEPORTES

noya1.jpgPONTEVEDRA> O triatleta Javier Gómez Noya prepara a súa viaxe para participar na última proba do Campionato do Mundo. Hoxe realizou os últimos adestramentos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, onde recibiu a visita do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

¿ Como sintonizarnos en TDT ?
tv á carta
CORPORATIVO

CANALRIASBAIXAS súmase o apagón analóxico

CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

 

unidad_mobil_recortada_100.jpg

 

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif