Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

O Polígono de Augalevada contará con tecnoloxía Wimax a mediados de 2009

NOIA > A Consellería de Industria implantará unha rede de telecomunicacións sen fíos para dotar de banda ancha ó parque empresarial de Augalevada. Ante o deficiente acceso a internet con que conta na actualidade o polígono de Augalevada, o Concello de Noia solicitou á Consellería de Industria a implantación dunha rede de telecomunicacións que permita achegar a banda ancha ós empresarios sen custos adicionais.

  

 + máis

 
Éxito dos palistas arousáns no Mundial de Maratón de Perth (Australia) Imprimir Correo electrónico
Martes, 18 Outubro 2005

España completou a pasada fin de semana o mellor mundial de maratón da súa historia, con once medallas en total, ás que hai que engadir as dez que logrou na categoría de veteranos a pasada semana. O mundial desenvolveuse na cidade australiana de Perth e entre os medallistas atópanse varios palistas arousáns.

O primeiro piragüista arousán en subir ó podio foi Arturo Paz, adestrador do Club Piragüismo Illa de Arousa e un dos axudantes do seleccionador nacional. Paz conseguiu dúas medallas de ouro no campionato do mundo de Máster na categoría de 35 a 39 anos, tanto en C-1 como en C-2, na que foi ademais a súa primeira participación nun mundial.

No campionato do mundo de maratón, as primeiras medallas arousáns foron para os palistas do Grove Fredi Bea e Rubén Paz. Bea cumpriu os pronósticos que lle daban como un dos candidatos ó título en C-1 Senior pero cunha diferencia mínima de 14 segundos, quedou relegado á prata polo húngaro Edvin Csabai. A sorpresa foi o bronce de Rubén Paz en C-1 Junior.

Completan o medalleiro arousán o illeño Ramón Ferro e o seu compañeiro do Club Piragüismo A Illa, Óscar Graña. Repetiron o resultado do anterior mundial, a medalla de bronce en C-2 Senior.

Redacción Salnés

 


Os nosos bloggers
Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
CORPORATIVO
CANALRIASBAIXAS xa en TDT

 unidad_mobil_recortada_100.jpg

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil

DEPORTES
Deporte Rías Baixas

futbol7250_201108.jpgVILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

Emprego

emprego.jpg

caja_newsletter.gif

q_blog.jpg