| A construción do polígono de Té podería inciarse en 2008 |
|
|
| Xoves, 09 Novembro 2006 | |
|
Así o anunciou o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino, durante a súa visita a Rianxo para dar a coñecer o proxecto do futuro polígono. Esta obra constitúe unha vella demanda das autoridades locais e dos empresarios rianxeiros que xa iniciaran as primeiras xestións para a creación do parque hai preto de vinte anos. O novo polígono de Té contará cunha superficie de 330 mil metros cadrados, dos cales 200 mil se destinarán á construción das naves industriais. O proxecto acaba de permanecer exposto á exposición pública sen que se presentase ningunha alegación e agora está pendente dos distintos informes dos organismos competentes. A intención da Consellería de Vivenda é que os traballos se inicien a principios de 2008 para poder inaugura-lo parque ó ano seguinte. Segundo explicou o director xeral do IGVS, a consecución dos terreos está bastante avanzada. A primeiros de ano comezaranse a pagar as parcelas xa adquiridas e continuarán coas negociacións co resto dos propietarios para chagar a acordo co concello e evitar ter que recurrir á expropiación. O alcalde rianxeiro, Pedro Piñeiro, amosou a súa gran satisfacción ante a presentación deste proxecto que vén culminar un longo proceso para a creación de chan empresarial no municipio. O rexedor entende o escepticismo de moitos veciños e empresarios que xa levan atopado moitas trabas para a creación deste parque aínda que confía na viabilidade do proxecto que, nesta ocasión, chegará a bo porto. A empresa encargada da xestión do parque é a sociedade Suelo Empresarial do Atlántico. Outra iniciativa de creación de chan industrial en Rianxo é o proxecto dun macropolígono privado dun millón de euros no Monte Pena. A pesar de que a Xunta de Galicia xa dou luz verde ó proxectado entre os concellos da Pobra e Ribeira, os promotores do polígono rianxeiro teñen previsto seguir adiante coas xestións do proxecto. Redacción Barbanza |





RIANXO > A construción do parque empresarial de Té poderían dar comezo a principios de 2008.
