VILAGARCÍA > Aínda faltan algo máis de seis meses para que dé comezo, pero a Arousa Futbol 7 comeza a tomar forma. Un torneo que este ano verá reducido o seu número de participantes, pasarase de 24 a 16 equipos, e que se disputará sobre un único terreo de xogo, non en dous como ata o de agora. Ademais, por primeira vez na súa historia, un club inglés podería tomar parte na competición.
| Concello de e Xestur xestionarán a ampliación do polígono do Pousadoiro |
|
|
| Mércores, 19 Outubro 2005 | |
|
O Concello de Vilagarcía e Xestur xestionarán a ampliación do polígono industrial do Pousadoiro. A totalidade das parcelas xa foron comprometidas, segundo informou o xerente de Xestur ó alcalde Javier Gago. A entidade pública para o desenvolvemento de solo industrial de Galicia Xestur estudiará a posibilidade de ampliar o polígono do Pousadoiro, unha vez que a totalidade das parcelasque integran esta área industrial xa están comprometidas. Para isto, Concello de Vilagarcía e Xestur colaborarán á hora de negociar cos propietarios dos terreos que se ocuparían na ampliación do polígono. Este foi un dos asuntos abordados na reunión mantida esta semana entre o alcalde Javier Gago e o novo xerente de Xestur, Emiliano Quintillán. O rexedor vilagarcián explicoulle que as obras de dotación de servizos ó polígono xa foron adxudicadas a Espina y Delfín, que comezará a executalas neste mes. No encontro tamén se falou do estado de tramitación urbanística que queda pendente, como pode ser a presentación da documentación para a reparcelación e segregación de parcelas para adxudicarllas ós propietarios e a entrega ó Concello dos viais, zonas verdes e equipamentos. O polígono do Pousadoiro ten unha superficie de 210 mil metros cadrados e a súa creación supuxo un investimento duns catro millóns de euros, ós que hai que engadir os algo máis de 800 mil euros que custa a dotación de servizos de saneamento e abastecemento de auga. Redacción Salnés |

















