Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Os escolares de Vilagarcía, no "Laberinto dos soños"
 
 
Os escolares de Vilagarcía, no "Laberinto dos soños" Imprimir Correo electrónico
Mércores, 19 Outubro 2005

Preto de 750 rapaces asistiron esta mañá no auditorio municipal de Vilagarcía ó espectáculo teatral e musical "O laberinto dos soños". As concellerías de Educación e Cultura e Caixa Galicia colaboran na programación desta obra, que correu a cargo da compañía Teatro Trabalinguas.

Os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria de distintos centros de ensino de Vilagarcía encheron hoxe o auditorio para desfrutar deste "Laberinto de soños". Trátase dun musical especialmente concibido para nenos de entre 6 e 12 anos, no que se mesturan a intervención dunha banda, que conta o conto por mediación da música e da voz, e a proxección de imaxes que recrean visualmente a historia. Unha representación a cargo da compañía Teatro Trabalinguas.

O vindeiro mes haberá máis teatro para nenos. Será os días 23, 24 e 25, cando se poderá ver a obra “Si tienes un papá mago, un espectáculo programado pola Obra Social de Caja Madrid e dirixido a nenos de entre catro e oito anos.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg