Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow Expertos analizan en Pontevedra os aproveitamentos da biomasa forestal
 
 
Expertos analizan en Pontevedra os aproveitamentos da biomasa forestal Imprimir Correo electrónico
Xoves, 20 Outubro 2005

Destacar a biomasa forestal como un recurso importante de enerxía. Arredor desta mensaxe versarán as diferentes conferencias no Segundo Simposium Forestalia. Varios expertos en materia forestal e ambiental aportarán ata mañá diversas experiencias neste eido.

A Consellería do Medio Rural avoga por profundizar no aproveitamento enerxético da biomasa forestal. Así o sinalou esta mañá o director Xeral de Montes, Alberto Blanco, durante a inauguración do segundo Simposium Forestalia. As xornadas desenvólvense ata mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra e reúnen a un bo número de expertos e alumnos que reflexionarán sobre as ventaxas medioambientais e enerxéticas da biomasa.

Esta primeira xornada estivo dirixida por Luis Ortiz, catedrático e director da Escola Universitaria de Forestais de Pontevedra. Destacou que actualmente en Europa o aproveitamento da biomasa forestal en Europa representa un 3,5 por cento de toda a enerxía que consume. Lembrou que en Galicia hai varias industrias que aproveitan os residuos forestais para xerar vapor ou electricidade, como é o caso de Ence. Trátase dun recurso con moitas ventaxas.

Os asistentes ó simposium tamén puderon coñecer os resultados das experiencias realizadas en Galicia sobre o aproveitamento de biomasa forestal. Fernando Sanz, xefe de Área de Innovación e Tecnoloxía do CIS-Madeira, explicou o proxecto realizado por este centro en colaboración coas universidades de Vigo e Santiago. A principal conclusión é a necesidade de apostar polo cooperativismo para mellorar o aproveitamento dos montes galegos.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg