Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Adega destaca a labor do voluntariado na recuperación de Xiabre
 
 
autonmicas09_top.jpg
Adega destaca a labor do voluntariado na recuperación de Xiabre Imprimir Correo electrónico
Luns, 29 Xaneiro 2007

visitaadegaxiabrequeimado_100_290107.jpgVILAGARCÍA > A agrupación ecoloxista Adega destacou a importancia do voluntariado tralos incendios forestais ...

... E como mostra están os traballos de restauración que se están a realizar no monte Xiabre.

xiabreenrestauracion_200_290107.jpgO Monte Xiabre foi dos primeiros en padecer os efectos do lume este pasado verán deixando este aspecto desolador. Sen embargo, tralos incendios achegouse ata a zona un grupo de voluntarios para limpar e plantar novas árbores para restaurar este monte. E os froitos comezan a verse. Así se constatou nunha visita organizada este sábado polo colectivo ecoloxista Adega e pola concellería de Xuventude de Vilagarcía.

Previamente celebrouse unha charla baixo o título Voluntariado, a outra cara do lume. A presidenta de Adega destacou a labor destas persoas que sempre xorden despois dunha traxedia e, sobre todo, na necesidade de incidir nunha educación ambiental na sociedade. Na visita ó monte Xiabre puido comprobarse o traballo realizado para contrarrestar o proceso de erosión, polas chuvias, da zona queimada, a preparación de sementeiros, as experiencias de reforestación e de micorrización, que continúa con outra fase.

Redacción Salnés

 


Publicidade canalriasbaixas.com
¿ Como sintonizarnos en TDT ?