| O concello recuperará a Praza dos Muíños como espazo de ocio |
|
|
| Venres, 02 Marzo 2007 | |
|
O alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, foi o encargado de presentar este novo proxecto, co que se pretende recuperar un novo espazo público para uso e desfrute de tódolos veciños da localidade. A zona, cunha superficie de 1.740 metros cadrados aproximadamente, aséntase sobre un aparcadoiro soterrado, entre as rúas Marcial de Adalid e Irmandiños, e linda con varias edificacións destinadas a vivendas e patios exteriores. Esta área estaba contemplada nun proxecto privado de construción dunha praza de uso público e aproveitamento para garaxe, pero por distintas razóns a empresa non puido chegar a desenvolve-las obras previstas nun principio. Mellora dos accesos
A praza contará cunha zona de ocio con xogos para os nenos, novo mobiliario urbano e unha zona de paseo, que estará presidida por unha pérgola curvada en forma de onda mariña. Segundo o alcalde ribeirés esta nova praza virá a mellora-la oferta de zonas de ocio en pleno casco urbano da cidade. Segundo o rexedor local a finais deste mes de marzo as obras poderían estar xa adxudicadas, coa intención de que estean rematadas nun prazo aproximado de tres meses. Redacción Barbanza |




RIBEIRA > O executivo ribeirés vai destinar uns 192 mil euros á reforma da Praza dos Muíños para a creación dun novo espazo público de lecer.
O espazo é de forma irregular e ten dous niveis, comunicados entre sí a través dunha rampla cunha lixeira pendente. O proxecto prevé unha mellora dos accesos exteriores á praza, adaptándoos ás necesidades actuais de accesibilidade e de eliminación de barreiras arquitectónicas.




