Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Barbanza arrow A Xunta implantará un sistema piloto de depuración nunha factoría de Couso
 
 
A Xunta implantará un sistema piloto de depuración nunha factoría de Couso
Luns, 19 Marzo 2007

conselleiroenbarraamar_100_190307.jpgRIBEIRA > O Conselleiro de Medio Ambiente mantivo unha reunión de traballo con representantes da Asociación Galega de Cocedeiros de Mexillón ...

... co fin de buscar solucións para os sistemas de depuración das augas residuais destas empresas. O departamento autonómico investirá 150 mil euros na instalación dunha unidade depuradora piloto na factoría Barrañamar, bicada no polígono de Couso, que permitirá a erradicación dos vertidos contaminantes.

Aproveitando a súa presenza en Ribeira, o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, realizou unha visita ás instalacións do cocedeiro de mexillón Barrañamar, onde se implantará a unidade piloto de tratamento de augas residuais que permitirá reducir a carga contaminante dos vertidos ó mesmo tempo que diminúen os custes para as empresas.

Para a posta en marcha deste proxecto en colaboración coa Asociación Galega de Cocedeiros do Mexillón (AGACOME) a administración autonómica aportará unha contía de 150 mil euros.

Se a experiencia piloto ten éxito, a Consellería plantéxase que no prazo máximo dun ano o sistema se xeralice a tódolos cocedeiros que integran a asociación, garantindo así unha correcta xestión dos residuos tal e como establece a normativa.

Viabilidade económica

Precisamente, o cumprimento da lei e a reducción das sancións é o obxectivo que persegue AGACOME. Segundo o seu presidente, Serafín Santorum, o sistema proposto por Medio Ambbiente permitirá a eliminación dos produtos químicos do sistema de depuración e será ademais moito máis viable economicamente para as empresas.

Durante a xuntanza de traballo adoptáronse tamén outros acordos como a habilitación dunha fórmula xurídica para integrar ás empresas que teñen serias dificultades cos seus vertidos e poder regularizar así a súa situación administrativa. Ademais, a Consellería de Medio Ambiente, na busca de substituír o sistema sancionador polo de cooperación, realizará unha forte aposta pola implantación das novas tecnoloxías que permitan mellora-la competitivida do sector reducindo os custos.

Redacción Barbanza

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?