Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow A Vilagarcía Basket Cup máis ambiciosa presenta o seu calendario
 
 
autonmicas09_top.jpg
A Vilagarcía Basket Cup máis ambiciosa presenta o seu calendario Imprimir Correo electrónico
Luns, 26 Marzo 2007

anicetlavodrama_100_260307.jpgVILAGARCIA > A Vilagarcía Basket Cup 2007 botou a andar esta mañá. Hoxe celebrouse a presentación desta edición, e van 12, na que...

...se dan cita os mellores equipos e xogadores sub-20 do mundo. Entre o vindeiro xoves 5 de abril e o sábado 7, os 8 mil metros cadrados do recinto feiral de Fexdega, o Vilagarcía Arena, acollerán a casi tres mil espectadores, máis de mil xogadores e un cento de voluntarios. O padriño desta edición é Anicet Lavodrama, un histórico do baloncesto que tamén estará en Vilagarcía durante o torneo.vilagarciabasketcup_200_260307.jpg

O Vilagarcía Basket Cup 2007 cambia de escenario. Cambia ó recinto feiral de fexdega, o Vilagarcía Arena no que os afeccionados poderán desfrutar de 8 mil metros cadrados adicados en exclusiva ó mellor baloncesto do mundo. Poderán ver ós mellores xogadores do futuro, ós mellores equipos do momento, espectáculos, actividades, minitorneos... Un despliegue de medios que como aseguraba hoxe o seu organizador, Alberto Blanco, ninguén se imaxinaba cando fai doce anos celebraron o primeiro torneo. Por iso mesmo, sentenciou están tan orgullosos de ter chegado ata eiquí, con traballo duro e a motivación e apoio do público. Todo un soño.

Padriño

Nesa liña de orgullo mostrou a súa satisfacción pola evolución do torneo o director xeral para o deporte, Santiago Domínguez, quen situou a Vilagarcía como un referente mundial do baloncesto. O padriño desta edición é un histórico do baloncesto, Anicet Lavodrama. Ex-xogador ó máximo nivel, representante da federación internacional de baloncesto para África, e olleador da NBA; o seu vínculo con Galicia desde que xogara nos principais equipos continúa a día de hoxe co apoio a este torneo.

Acompañando ós organizadores nesta presentación estiveron tamén o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Jose Juán Duran; o concelleiro de Deportes, Carlos Guerrero; e os representantes dos principais patrocinadoresA partir do día 5, a compaña serán os máis de 100 voluntarios e case tres mil espectadores. Cando o soño, se faga realidade.

Redacción Salnés

 


terceira250_120310.jpgSALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.

preferente250_120310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur agárdanos unha xornada interesante. Por arriba continúa a estar apretadísima a clasficación polo que cada tropezo ou cada victoria de aquí ó remate da liga cobra unha maior importancia. Haberá derbi na Senra entre Ribadumia e Portonovo mentres que o Sanxenxo visita ó Barbadás e o Arousa ó Tomiño.

poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com