Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Concello homenaxea ás campionas infantís do Rasoeiro
 
 
O Concello homenaxea ás campionas infantís do Rasoeiro Imprimir Correo electrónico
Martes, 15 Maio 2007

recepcionrasoeiro100_150507.jpgO GROVE > O Concello non para de recibir campións. Onte tocoulle ás rapazas do equipo infantil de balonmán do Rasoeiro.

O equipo infantil do Club Rasoeiro de balonmán está de en hora boa. As xogadoras aumentaron o seu palmarés este ano cun título de Liga e co Campionato Galego. Éxitos polos que foron homenaxeadas onte no Concello do Grove. O alcalde Miguel Ángel Pérez e mailo edil de deportes Alexandre Aguín entregáronlle unha placa de recordo e ademais desexáronlles sorte para o novo reto que teñen diante. E é que este xoves desprazaranse a Madrid para disputar o Intersector do Campionato de España.

Para o club este é un momento importante dentro da súa misión de crear base, tal como lles indicou o seu presidente Francisco Pérez. As xogadoras tamén recibiron palabras de alento do seu adestrador Quito Parada, que cualificou esta tempada ’10 ó que lle hai engadir moitos positivos’, pese a que non esquece que aínda lles quedan uns sete partidos por disputar. O segredo deste éxito, o traballo.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com