Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Ferido grave un veciño de Tui nun accidente múltiple na Vía do Salnés
 
 
Ferido grave un veciño de Tui nun accidente múltiple na Vía do Salnés
Martes, 15 Maio 2007

SALNÉS > Un veciño de Tui resultou ferido nun accidente múltiple rexistrado na Vía do Salnés. O sinistro tivo lugar ás oito e media nunha curva moi aberta, á altura do quilómetro seis, entre a estación de servizo e o enlace de Cambados.

accidenteviarapida_300_150507.jpgSegundo informou a Garda Civil de Tráfico, o accidente produciuse ao chocar de fronte un Citroën Jumper e un camión, sinistro no que tamén se viu implicado un Seat León. O conductor do Citroën, José Martínez Bugallo, de 55 anos e veciño de Tui, tivo que ser excarcerado de entre os ferros do vehículo por un equipo de bombeiros do Salnés. Foi trasladado á residencia Montecelo con diversos golpes na cabeza e lesións no tórax e nun brazo, e o seu prognóstico é reservado. O condutor do camión, Julio Rodríguez Barreiro, sufriu feridas leves, ao igual que a condutora do Seat León, Margarita Martínez Riveiro, que foron atendidos no lugar do accidente. A consecuencia do sinistro o tráfico tivo que ser cortado durante unha hora.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?