| Medio Rural comeza a limpeza dos montes cercanos a núcleos urbanos |
|
|
| Martes, 12 Xuño 2007 | |
|
POIO > Medio Rural ofreceulle esta posibilidade ós concellos como medida excepcional. Despois serán os propietarios os que limpen as súas fincas.
En Poio serán 13 núcleos os que se beneficien desta medida e preto de 12 hectáreas. A Consellería págalle ós Concellos por hectárea limpada e pon como condicións que se traballe nun mínimo de 10 núcleos e cun máximo de 45 hectáreas. Subvencións Pero ademais de traballar na limpeza dos montes, Medio Rural está a sacar liñas de axudas para ordea-lo monte galego. Entre elas hai subvencións para prantar árbores autóctonas e tamén outras para forestar terras non agrícolas, xa que a Consellería quere que se deixe de prantar árbores en terras agrarias. Esto significa que se poderán facer prantacións, incluso de todo tipo de árbores e non só caducifolias, pero será sempre en terreos forestais. Con esta medida a Consellería quere precisamente alonxa-los montes dos lugares habitados e impedir que naqueles espazos onde hai cultivos 'como ocorre no Salnés co albariño', se pranten árbores que prexudican ós sembrados. Redacción Salnés |





O delegado da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, Gonzalo Constenla, acudiu hoxe ó Concello de Poio para ver como se desenvolven os traballos de limpeza dos montes que están preto de núcleos habitados. O lugar elexido para a visita foi A Escusa, en Monte Castrove, unha das zonas máis afectadas polos incendios do pasado verán. Dende alí aprécianse perfectamente as consecuencias dos incendios que azoutaron con especial virulencia a esta zona. Agora, á imaxe do monte queimado súmase a do monte limpo naquelas zonas máis achegadas ás vivendas. 
