| O Basket Camp reunirá a máis de 200 nenos en Vilagarcía de Arousa |
|
|
| Xoves, 14 Xuño 2007 | |
|
...entre o 1 de xullo e o 7 de xullo. Alí, os rapaces gozaran das diferentes actividades ligadas ó mundo do baloncesto da man de monitores especializados. Ademais, os participantes contarán como en anteriores edicións coa visita de xogadores da ACB. No acto de presentación deste campus estiveron o Javier Villaronga e Carlos Guerrero en representación de Caoxanova e o Concello respectivamente. O Basket Camp chega este xullo ó seu cuarto cumpreanos e para celebralo nada mellor que 200 nenos cheos de enerxía e cunha meta moi clara: gozar do baloncesto durante sete días. A colaboración de Caixanova e o Concello foi crucial á hora de organizar e apoiar este evento que nesta ocasión terá lugar en Fexdega. Unha semana na que a xuventude vilagarcián aprenderá a convivir entre adestramentos, charlas e competicións. Partidos de 3x3probas de habilidade, tiro e premios que recoñecen diferentes facetas dos participantes, non só deportivas son algunhas das iniciativas que se poderán ollar nesta edición do campus de baloncesto. Entre as novidades, o tren do basket...que será un viaxe en tren...eso si ...especial xa que os mozos deberán pasar diferentes probas. Este ano hai xa unha visita confirmada a de o xogador do Estudiantes, Carlos Suaréz. Un total de 30 monitores velaran pola seguridade dos máis de 200 nenos que a partir do 1 de xullo invadiron o recinto de Fexdega. Redacción Salnés |





VILAGARCÍA > 200 nenos vivirán con intensidade a cuarta edición do Basket Camp que se celebrará en Vilagarcía de Arousa...
