Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Concello entrega mañá a medalla de prata a Juan de Dios Román
 
 
O Concello entrega mañá a medalla de prata a Juan de Dios Román Imprimir Correo electrónico
Mércores, 04 Xullo 2007

campusbalonman100_040707.jpgO GROVE > Profesorado de luxo é o que están a ter o 65 alumnos do primeiro Campus de Balonmán Juan de Dios Román, ...

... organizado polo club Rasoeiro no Grove.

Estes nenos e nenas en idade infantil e cadete, procedentes de diferentes puntos de España e Portugal están a recibir a visita de importantes xogadores, técnicos e mesmo árbitros deste deporte. Ata o cámping Paisaxe dous, en San Vicente, achegáronse onte á tarde as xogadoras de división de honra da Liga Feminina Begoña Fernández, do Elda Prestigio de Alacante, e Isabel Basteiro, do Roquetas de Mar.

Ambas puxéronse a disposición das preguntas dos alumnos que comezaron interesándose polas diferencias entre o balonmán masculino e feminino. Os rapaces tamén se interesaron polos currículums destas xogadoras internacionais que conseguiron poder vivir do balonmán despois de iniciarse neste deporte co ánimo de pasalo ben. Begoña e Isabel tiveron tempo tamén para lanzarlles algún consello, o principal, que con traballo todo se pode conseguir.

Os alumnos do campus recibirán mañá a visita dos xogadores Rafa da Silva e Dani Benaches do Teucro e Eduardo Domínguez e Cerillo, do Pilotes. Tamén mañá chegará padriño do campus, Juan de Dios Román, que recibirá ás unha e media a medalla de prata no Concello. Ademais dirixirá unha dobre sesión de adestramento sobre a cancha e o venres ofreceralles unha charla.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com