Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Rasoeiro impón a medalla de prata a Juan de Dios Román
 
 
autonmicas09_top.jpg
O Rasoeiro impón a medalla de prata a Juan de Dios Román Imprimir Correo electrónico
Xoves, 05 Xullo 2007

medallapratajuandedios100_050707.jpgO GROVE > O ex seleccionador nacional de balonmán Juan de Dios Román recibiu hoxe a medalla de prata ...

... de mans do presidente do Club Rasoeiro, Francisco Pérez Katelo. Foi nun acto celebrado este mediodía no Concello do Grove, coa presenza do alcalde e do edil de Deportes.

Juan de Dios apadriña o campus de balonmán organizado polo Rasoeiro, no que tamén participou nunha sesión dobre de adestramento cos rapaces. Reencontro. Así se pode describir este xesto. O presidente do club Rasoeiro de balonmán, Francisco Pérez Katelo, distinguiu hoxe coa medalla de prata ó ex seleccionador nacional e mestre de balonmán Juan de Dios Román.

O propio homenaxeado lembrou o seu primeiro contacto co club grovense, alá polo ano 1984 cando se concentrou coa selección española na Toxa para preparar os Xogos Olímpicos de Los Ángeles. Recordou como os rapaces do Rasoeiro lles ían buscar auga ó monte para os adestramentos e como llo agradeceu logo facéndose socio do club, pagando a súa cota correspondente, ata que deixaron de enviarlle o recibo, dous anos máis tarde. Cando preguntou que pasaba, desde o club indicáronlle que os socios de honra non pagan, ‘por iso estou feliz de estar nesta que é a miña casa’, engadiu Juan de Dios Román.

O propio Katelo encargouse de incorporar ó seu extenso currículum ligado ó balonmán, que é o primeiro socio de honra do Rasoeiro. Unha relación que tamén tivo en conta á hora de apadriñar o primeiro campus dedicado a este deporte e que se celebra no Grove desde o pasado sábado. Juan de Dios tivo oportunidade de estar hoxe cos rapaces e mañá repetirá cunha charla.

Redacción Salnés

 


poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

basketcup250_100310.jpgVILAGARCÍA > A Vilagarcía Basket Cup disputarase este ano con case total seguridade no pavillón de Fontecarmoa. Así o anunciaron onte os organizadores do evento que acusaron ó concello de sumir ó torneo nun caos.

extrugasa250_100310.jpgSALNÉS> Nova victoria das vilagarciáns, desta volta en León, fronte ó Aros, no encontro aprazado non seu día polo temporal Xyntia. As de Tito Díaz non tiveron o seu mellor día pero puideron impoñerse.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com