Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow O Extrugasa Cortegada busca novos talentos para unirse ó club
 
 
autonmicas09_top.jpg
O Extrugasa Cortegada busca novos talentos para unirse ó club Imprimir Correo electrónico
Martes, 17 Xullo 2007

extrugasa_100_170707__still_003.jpgVILAGARCÍA > O club de baloncesto Extrugasa Cortegada dará clases gratuítas para tódalas rapazas de Vilagarcía de entre 9 e 15 anos que o desexen.

Hoxe comezou a iniciativa de fomentar entre as rapazas de Vilagarcía o deporte da canastra e de paso buscar novos talentos que pasen a formar parte do equipo. David Cuartero, coordinador de la base Extrugasa, invita a tódalas nenas de entre 9 e 15 anos a que participen nos adestramentos que se están realizar coas cadetes entre as 10 da mañá e a 1 da tarde e ente as 5 e as 8 durante os próximos 15 días. Para participar soamente teñen que achegarse coas súas familias ó pavillón municipal de Fontecarmoa.

Por outra parte, o equipo sénior ten previsto iniciar os seus adestramentos o día 17 de setembro para prepararse para o difícil reto de igualar o seu sexto posto da pasada tempada e disputar por primeira vez na súa historia as competicións europeas.

Redacción Salnés

 


terceira250_120310.jpgSALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.

preferente250_120310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur agárdanos unha xornada interesante. Por arriba continúa a estar apretadísima a clasficación polo que cada tropezo ou cada victoria de aquí ó remate da liga cobra unha maior importancia. Haberá derbi na Senra entre Ribadumia e Portonovo mentres que o Sanxenxo visita ó Barbadás e o Arousa ó Tomiño.

poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com