Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O magazine "Verán, verán" de Telesalnés-Barbanza chega a súa novena tempada
 
 
O magazine "Verán, verán" de Telesalnés-Barbanza chega a súa novena tempada Imprimir Correo electrónico
Xoves, 16 Agosto 2007
SALNÉS > Xa van nove anos de “Verán, verán”, o programa que Telesalnés – Barbanza produce dende Sanxenxo e que supón un esforzo de colaboración...

FOTO 030_1.jpg...para outras 8 televisións locais independentes: Televigo, Onda Coruña, Dez Tv, Canal Tea, Ferrol Tv, Televinte, A7 Lugo e Correo Tv. Despois de case un decenio asomándose á pequena pantalla “Verán, verán” conserva a frescura do primeiro día, eso si, con novas armas e máis experiencia.

Nesta ocasión, as labores de presentación de programa corren a cargo dunha cara coñecida por todos, Xacobo Pérez. O presentador vilagarcián aporta a súa personalidade e o seu sentido do humor a esta nova etapa de “Verán, Verán”. Esta aposta de TVSB se apoia en tres pilares básicos, as reportaxes, as entrevistas e a música. As reportaxes nos permiten viaxar por toda Galicia sen moFOTO 033_1.jpgvernos do sofá de casa. Gracias ás televisións locais independentes que colaboran con Telesalnés podemos achegarnos a un sinfín de actividades nas máis importantes cidades de Galicia. Os invitados tamén son unha peza clave desta aventura. O Hotel Augusta Spa Resort de Sanxenxo sirve de marco para as entrevistas que cada semana podemos ver en “Verán, Verán”.

E por último, a música. As promesas e os grupos punteiros de Galicia estarán nesta novena edición de “Verán, Verán”. A Deputación de Pontevedra, concello de Sanxenxo, bodegas Martín Códax e o Hotel Augusta Spa Resort de Sanxenxo patrocinan este “Verán, Verán”.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg