Advertisement
Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow Un novo accidente laboral sáldase coa morte dun home na fábrica ‘Hormadisa’ de Valga
 
 
Un novo accidente laboral sáldase coa morte dun home na fábrica ‘Hormadisa’ de Valga
Martes, 18 Setembro 2007

VALGA> Na fábrica de adobes ‘Hormadisa’ produciuse esta mañá un accidente laboral que se saldou coa vida de Baldomero Sanmarco, de 74 anos de idade. Baldomero era un dos donos da empresa e pese a estar retirado tódalas mañás visitaba as dúas naves que tiña en Valga.

fbrica_morte_300_180907_-_still_001.jpgEste novo accidente laboral acontecía ó redor das 10:00 horas no concello de Valga. Baldomero Sanmarco Castromán era atropelado por unha máquina que lle fracturou unha perna e lle seccionou a femoral causándolle a morte. A maquina estaba perfectamente sinalizada e cuberta pero Baldomero pasou por unha zona de risco, o que provocou o incidente. Para atender ó home Urxencias de Galicia enviou unha ambulancia, ó médico de urxencias do centro de saúde de Valga e un helicóptero medicalizado pero nada se puido facer para salvar a vida de Baldomero Sanmarco. Segundo un dos traballadores da empresa o seu corpo foi trasladado ó tanatorio de Padrón, xa que pese a residir en Santiago, o panteón familiar atópase en Pontecesures.

Redacción Salnés

 


 
¿ Como sintonizarnos en TDT ?