Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Baloncesto: gañan elas, perden eles
 
 
Baloncesto: gañan elas, perden eles Imprimir Correo electrónico
Luns, 05 Novembro 2007

SALNÉS > Semella que os equipos de baloncesto se contaxiaron dos de fútbol. Tan só foron quen de gañar as rapazas do Extrugasa, que se colocan sextas na xeral.

Inelga e Establecimientos Otero perderon nos seus respectivos compromisos, en dous partidos nos que chegaron con opcións de victoria ata o final.

O Extrugasa acadou a súa segunda victoria consecutiva, desta volta ante o Promociones Santa Eulalia (70-56). Moi bo partido o completado polas xogadoras de Isaac Fernández, que aínda que entraron con mal pé no encontro, foron quen de rompelo antes do descanso. As mellores, a debutante Kiesha Brown, que anotou 15 puntos e Katia Dasilva, con 9 puntos e 13 rebotes.

Non lle foron tan ben as cousas o equipo da EBA, ó Inelga, que rompeu coa súa boa xeira de resultados ó caer na pista do Sarria por 62 a 58. Nun partido igualado ata o final, a calidade do pívot local Borja Pérez decidíu o encontro.

En Primeira Autonómica, derrota tamén do Establecimientos Otero ante un rival directo, o Riazor, por 77 a 86. Pese a todo os cambadeses mantéñense segundos, pero agora a dúas victorias do líder Cafegal Pabellón, ó que visita o próximo domingo.

Redacción Salnés 

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com