SALNÉS> O Vilalonga volve a xogar na casa e desta volta recibe a un dos candidatos a a meterse na fase de ascenso, o Narón, que chega á cita terceiro. O Céltiga non xogará esta fin de semana.
| O Extrugasa debuta mañá na Eurocup ante o Familia Schio italiano |
|
|
| Martes, 06 Novembro 2007 | |
|
VILAGARCÍA > Chega por fin o tan ansiado debut do Extrugasa na Eurocup. As xogadoras vilagarcianas partiron esta mañá cara Schio, en Italia.... ...onde desputarán o primeiro partido da liguiña. O equipo de Isaac Fernández viaxa sen presión á cita, despois do bo inicio de temporada. O de mañá é máis un premio para as xogadoras que outra cousa. O rival, o Familia Schio, é dos de botarse a temblar: un dos máis fortes equipos da mellor liga europea de baloncesto feminino, a italiana, e un plantel repleto de xogadoras internacionais. Pero o Extrugasa terá a súas opcións, seguro. Sobre todo tralas boas sensacións obtidas nos últimos dous partidos de liga e vendo tamén que a fichaxe da norteamericana Kiesha Brown foi un acerto. O peor quizáis, a paliza da viaxe. Lonxe de te-la oportunidade de facer turismo (Venecia queda a escasos cen quilómetros), en 48 horas collerán tres avións e dous autobuses. Polo menos, nesas mesmas 48 horas, chegará a que falta, a bielorrusa Marina Kress. Redacción Salnés |







SALNÉS>
POIO>










