Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio
 
 

A familia da pontevedresa Sonia Iglesias non perde a esperanza de atopala con vida

PONTEVEDRA> A portavoz da familia compareceu ante os medios de comunicación para transmitir unhas palabras de agradecemento a todos os que están colaborando na investigación. Isabel Martínez cofensou que non perden a esperanza de atopala con vida e confían na labor que está realizando a Policía Nacional. Ademais, unhas 3.000 persoas asistiron á manifestación, que se celebrou, tras quince días sen ter novas de Sonia, por diferentes rúas de Pontevedra

 

 + máis    

 

O PSOE solicita no Parlamento a creación dun centro comarcal en Noia Imprimir Correo electrónico
Martes, 06 Novembro 2007

centrocomarcalnoia_100_0611.jpgNOIA> Os deputados socialistas José Manuel Lage e Xoaquín Fernández solicitan a creación dun centro comarcal en Noia que centralice os servizos da Xunta.

O goberno autonómico dispón dunha serie de servizos en Noia dispersos por varios locais da vila, a maior parte deles propiedade do concello noiés. Os parlamentarios socialistas, Xosé Manuel Lage Tuñas e Xoaquín Fernández Leiceaga, consideran positivo que todos estes servizos puderan estar centralizados nun único espazo e que este se convirta no centro comarcal da Xunta de Galicia en Noia.

Ademais, segundo Lage Tuñas, esta centralización de servizos mellorará a atención ós cidadáns e facilitaralles as xestións a facer co ente autonómico ó ser nun único inmoble. Os parlamentarios socialistas están traballando para impulsar a creación do citado espazo e dotar a Noia con este necesario edificio de servizos da Xunta de Galicia.

Lage Tuñas e Fernández Leiceaga entenden que Noia é o mellor emprazamento na comarca para este edificio de servizos, pois ó ser a cabeceira de comarca, beneficiará ós veciños á hora de realizar as súas xestións.

Actuación necesaria

Os deputados consideran importante esta actuación e insisten en que este proxecto de dotar a Noia dun centro autonómico que albergue tódolos servizos da Xunta xa se leva solicitando desde hai moito tempo e a pesar de que as propostas de axentes económicos e socias se foran modificando neste intervalo, segue existindo a coincidencia xeralizada da necesidade de equipar á vila e por extensión, á comarca, deste inmoble.

Lage Tuñas e Fernández Leiceaga intensificarán o seu traballo para que a Xunta de Galicia dispoña os recursos necesarios e así se poda facer efectiva a mellora dos servizos no conxunto da bisbarra, comezando por esta iniciativa para que a vila conte cun centro comarcal.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
DEPORTES

VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

¿ Como sintonizarnos en TDT ?
tv á carta
CORPORATIVO

CANALRIASBAIXAS súmase o apagón analóxico

CANALRIASBAIXAS xa en TDT

CANALRIASBAIXAS estrea unidade móbil  

 

unidad_mobil_recortada_100.jpg

 

adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar.gif informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif