Inicio arrow Noticias arrow Salnés - Caldas arrow O presidente da Xunta de Galicia inaugurou esta mañá as novas instalacións da EOI de Vilagarcía
 
 
O presidente da Xunta de Galicia inaugurou esta mañá as novas instalacións da EOI de Vilagarcía Imprimir Correo electrónico
Martes, 06 Novembro 2007

VILAGARCÍA > O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a concelleira de educación e ordenación universitaria, Laura Sánchez Piñón, inauguraron esta mañá en Vilagarcía a nova Escola oficial de Idiomas.

tourino_idiomas200_061107.jpgEste novo edificio conta con máis de 2.500 metros cadrados útiles, repartidos ó longo dunha planta baixa e dous andares. Esta actuación supuxo un investimento global de máis de dous millóns e medio de euros; provintes de fondos autonómicos e municipais.

Este centro entrará en funcionamento dentro de quince días, e a el acudirán os alumnos de idiomas de toda a comarca, que ata o de agora e durante seis anos, tiveron que compartir edificio no IES Armando Cotarelo Valledor.

Os aprendices de linguas poderán facer uso neste centro da máis moderna tecnoloxía; cas que ós estudiantes lles será máis doado acadar unha mellor competencia en varios idiomas. Con isto, os habitantes do Salnés poderán chegar a ter unhas maiores expectativas persoais e laborais na Europa do século XIX.

O goberno galego vai a seguir apostando no vindeiro ano por seguir nesta liña de mellora da competencia multilinguística da poboación. De feito, o vindeiro ano abriranse outras 5 escolas de idiomas, a maiores das 23 existentes na nosa comunidade. A Alcaldesa de Vilagarcía agradeceu a achega da Xunta de Galicia para facer realidade esta ampliación da dotacións formativas deste concello e da comarca. Ca mesma, aproveitou para pedir ó presidente galego unha nova delegación da Universidade Nacional de Educación a distancia para este Concello.

Protesta de Castroagudín

tourino_castroagudin200_061107.jpgCo gallo da visita do presidente da Xunta de Galicia a Vilagarcía, preto de medio cento de veciños de Castroagudín desprazáronse ata as inmediacións da nova EOI, para achegar as súas reivindicacións ó máximo mandatario galego.

Como saben, estes veciños opóñense á construcción dun túnel preto das súas vivendas, tal e como se contempla no proxecto de execución das obras da estrada de circunvalación de Vilagarcía. Estes vilagarciáns agardaron a Emilio Pérez Touriño con pancartas nas que pedían unha solución dialogada para a súa parroquia. Mentres tanto, outra ducia deles seguía montando garda no lugar das obras para impedir ós operarios seguir construíndo.

O titular da Xunta tardou segundos en pasar por diante deles; polo que non puido ver a cantidade de pancartas despregadas polos veciños. Unha vez dentro, os voceiros dos veciños intentaron sen éxito acercarlle un informe, elaborado polo enxeñeiro técnico da comunidade de montes de San Pedro de Cea, no que se reflicten varios cambios no proxecto orixinal, que nin a Consellería de Obras Públicas nin o Concello vilagarcián comunicou ós afectados.

 Os encargados de protocolo da Xunta de Galicia recolleron o escrito reivindicativo e o informe dos veciños baixo a promesa de que llelo ían a facer chegar ó máximo mandatario galego.

Redacción Salnés.

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg