VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.
| Victorias de Extrugasa, Inelga e Establecimientos Otero en baloncesto |
|
|
| Luns, 12 Novembro 2007 | |
|
O Extrugasa está imparable. O sábado enfrontábase a un deses rivais que teñen o cartel de grande, o Hondarribia, e gañou (74-82), polo que xa son cuartas na xeral. Bo traballo das de Isaac Fernández que basearon a súa victoria nunha boa defensa e nun gran ataque no último cuarto do partido. Excelente actuación de Kiesha Brown e Agne Ciudariene, que aportaron 20 e 22 puntos cada unha. Ademais, debutou a bielorrusa Marina Kress, que aportou no seu primeiro encontro 6 puntos e 8 rebotes. Tamén o sábado, o Inelga arrasou ó Zamora en Liga EBA (67-40), nun partido no que os vilagarciáns deixaron ó seu rival en 10 puntos ó descanso. Gran defensa local e actuación estelar de Gustavo Andújar, con 18 puntos e 11 rebotes, que estivo ben secundado por Juan Mato, que aportou 15 puntos e 9 rebotes. Por último, pero non menos importante, o Establecimientos Otero, que deu a sorpresa ó gañar na casa do intratable líder Cafegal Pabellón por 66-74. Tras dúas derrotas consecutivas, os cambadeses voltan pola senda do triunfo e continúan segundos na xeral, agora a unha soa victoria do propio Pabellón. |




SALNÉS > Pleno de victorias na xornada de fin de semana. Extrugasa, Inelga e Establecimientos Otero solventaron os seus respectivos compromisos.
SALNÉS>








