Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow DEPORTES arrow Histórica vitoria do Extrugasa na Eurocup ante o Sdent Sierre (85-64)
 
 
Histórica vitoria do Extrugasa na Eurocup ante o Sdent Sierre (85-64) Imprimir Correo electrónico
Venres, 16 Novembro 2007

eurocup2100_161107_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Vitoria histórica do Extrugasa por 85-64 ante as suízas do Sdent Sierre; histórica porque constitúe o primeiro triunfo do Extrugasa en Europa, pero non polo xogo amosado.

Os 21 puntos de diferencia final non reflicten as dificultades polas que pasaron as de Isaac Fernández durante o encontro, sobre todo na primeira metade.

Ata o minuto 15 as helvéticas mantivéronse por diante no marcador, acadando unha máxima renda de nove puntos. Tras un tempo morto, as vilagarciás atáronse os machos en defensa e foron quen de darlle a volta ó partido antes do descanso, grazas á actuación de Sara Gómez dende o perímetro e María Asurmendi na dirección do equipo.

A segunda parte foi máis de cara; pronto acadaron rendas superiores ós 15 puntos que mantiveron ata o final, pese ó esforzo voluntarioso das suízas.

Entre as boas novas do encontro, as importantes aportacións das últimas fichaxes. Kiesha Brown está cada vez máis adaptada e amosa partido a partido a calidade que ten. Onte fixo 16 puntos.

Marina Kress pola súa banda, apunta boas maneiras e onte fixo xa o seu primeiro dobre-dobre con 12 puntos e 11 rebotes, traballando duramente baixo os aros.

Entre os asistentes, no palco de autoridades, estiveron presentes o tenente alcalde Xosé Castro Ratón e a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto.

Sen tempo apenas para o descanso, o Extrugasa prepara hoxe o seu próximo encontro de Liga. Será este sábado ante o Seu D’Urgel, en Fontecarmoa a partires das 7 e media da tarde.

Redacción Salnés

 


VILAGARCÍA> O Extrugasa voltou xa ó traballo. Onte tivo lugar en Fontecarmoa o primeiro adestramento do ano no que estiveron tódalas xogadoras do primeiro equipo, agás Marta Blanes e Romana Vinuchalova, que chegarán a finais de semana.

MEAÑO> No acto estiveron presentes os atletas Pedro Nimo, José Antonio Ramallo e Rafa Fuentes. A gran novidade deste ano é que a organización do evento pasou a mans do concello que substitúe nesa empresa á asociación GAM. Agardan un novo record de participación.

SALNÉS> Vai arrancar a temporada o Poio Futbol Sala, un club que durante este verán sufríu grandes transformacións, entre elas o cambio de nome, xa que antes era coñecido como o Ateneo Combarro. Os obxectivos son ambiciosos coa sección femenina e tamén coa masculina, que este ano se estrea.

Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com