| Morre un veciño de Arousa de 32 anos nun novo accidente laboral na provincia |
| Luns, 05 Decembro 2005 | |
|
O mes de Novembro remataba traxicamente na provincia, ó falecer un veciño da comarca de Arousa tras sufrir un accidente mentres traballaba nas obras do Centro Cultural de Caixanova, no centro da capital. De 32 anos, o falecido deixa unha filla de curta idade. O traballador de “Construcciones San José” falecía pasadas as 9 e media da mañá do mércores 30 de Novembro na obra do Centro Cultural de Caixanova que a empresa leva a cabo na céntrica rúa Augusto González Besada. Trátase dun veciño de Vilagarcía de 32 anos que faleceu no acto tras caer ó bacío dende unha altura de 15 metros. Segundo testemuñas presenciais, o traballador non tiña asegurado o arnés de suxección e precipitouse cara o patio interior ó ceder unha das vigas que o suxeitaba. Ó persoal médico que se desprazou ata o lugar non puido facer nada polo traballador, que faleceu no acto. O sinistro ocorreu en torno ás 9 e media da mañá, aínda que o levantamento do cadáver demorouse dúas horas por decisión do xuíz de garda, que agardou ata que se personou na obra a inspección de traballo. Os compañeiros do falecido estaban consternados ante o suceso e durante a mañá vivíronse esceas dramáticas cando os familiares do finado se achegaron ata a obra tras coñecer o fatal desenlace. |


