Publicidade canalriasbaixas.com
Inicio arrow BARBANZA arrow Os pais de Artes instan á coporación a respalda-las súas demandas
 
 
Os pais de Artes instan á coporación a respalda-las súas demandas Imprimir Correo electrónico
Luns, 26 Novembro 2007

busartes_100_261107.jpgRIBEIRA > O BNG solicitará o respaldo da corporación para instar á Consellería de Educación a amplia-lo servizo de transporte escolar na parroquia de Artes.

Segundo os nacionalistas, dende hai máis de catro anos os pais e os alumnos da parroquia ribeiresa de Artes veñen demandando diante da Consellería de Educación que a prestación do servizo de transporte escolar nesta zona se leve a cabo nas mesmas condicións para os alumnos de secundaria que os de primaria, e o autobús pase tamén polos lugares de Gude, Goda e Sego para recoller a estes rapaces.

Por outra banda os pais e nais destes alumnos afectados polo servizo de transporte escolar teñen previsto enviarlle á Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, unha recompilación con tódalas súas demandas e os compromisos xa adquiridos pola Delegación Provincial e no propio Parlamento e que a día de hoxe aínda non foron cumpridos.

Nova mobilización

Continuando coas mobilizacións reivindicativas, teñen convocado para este venres, ás tres e cuarto da tarde, unha nova concentración diante do CEIP de Artes á que convidan tamén á propia Conselleira.

Redacción Barbanza

 


Advertisement
Publicidade canalriasbaixas.com
O Comercio nas Rías BAixas
comentarios_contrastes.jpg
canalriasbaixas_tv.gif
adianto_01.jpg

Sintonícenos · Cobertura · Audiencia · Programas 

adianto_p.jpg


luns · martes · mércores · xoves  ·  venres
informar-02.gif
ver_orixe.jpg
 
O Tempo - Hoxe - Meteogalicia

caja_newsletter.gif