SALNÉS> Remtaou a temporada futbolística na Terceira e na Preferente e fíxoo en xeral, con malas novas. Ó descenso do Céltiga hai unhas semanas, úníuse onte o do Vilalonga, que perde a categoría nove anos depois. Na Preferente, o Portonovo caeu en Carballiño e perdeu a posibilidade de ascender. Tamén picou o Sanxenxo que finaliza a liga quinto. O Arosa foi o único que cumpríu e xogará o playoff dos terceiros, agardando un ascenso galego a 2ª B que permita ó Salnés manter representación na Terceira División.
| Valiosos empates dos equipos do Salnés na xornada de Fútbol Sala |
| Martes, 27 Novembro 2007 | |
|
...que procuran non meterse en problemas co descenso, de ahí se cabe o valor dobre do empate. Foi un partido no que os locais levaron certa iniciativa no xogo pero foron os visitantes os que despuxeron das mellores ocasións. De tódolos xeitos o Rompiente adiantouse no marcador e chegou ó descanso con vantaxe, 2-1. O 3-1 de Gerar semellaba sentencia-lo encontro en favor dos asturianos, pero Lito, no 35' e no 36' igualou o encontro (3-3), marcador co que se chegou ó remate. Agora o Interrías é décimo terceiro, aínda que as cousas por abaixo están moi igualadas. Se cadra a peor nova é que a próxima semana non poderán puntuar xa que lles toca descansar, mentres que tódolos equipos ós que precede xa o fixeron. Tamén empatou o Grupo Junquera (4-4), desta volta na difícil cancha do Pontenova. Os de Esteban Paz suman así a súa cuarta xornada consecutiva sen perder e conservan o noveno posto da xeral, na zona morna da táboa. De novo os vilagarciáns amosaron a súa mellor cara, nesta ocasión ante o terceiro da xeral. Pese a desfrutar de mellores ocasións durante todo o encontro chegaron ós últimos dez minutos cun 4-2 en contra que souberon remontar gracias a dous goles de Óscar, conseguindo a igualada no 38'. Ó final, incluso o empate soubo a pouco. O próximo partido disputarano na casa, ante O Esteo, que camiña na Liga cunha traxectoria moi similar ó Junquera. Redacción Salnés |


SALNÉS > Valioso punto o sumado polo Viajes Interrías en Ribadesella ante o Rompiente. O rival era un deses da mesma liga dos de Portonovo...
BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.
BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.

