| O alcalde de Barro presentou varias propostas ante a Deputación provincial |
|
|
| Martes, 04 Decembro 2007 | |
|
Nesta reunión o alcalde puxo sobre a mesa varios temas fundamentais para o seu Concello; o primeiro deles o seguimento das obras industriais como os terreos do polígono de Barro-Meis ou as referentes ó Polígono industrial de Caeiro, que se pretende promover polo IPESPO durante o 2008.Nesta última actuación prevese que comecen as expropiacións aproximadamente a mediados do ano que ven. O rexedor de Barro tamén quixo abordar o tema dos convenios de urbanización e saneamento das estradas que o ente provincial xestiona neste Concello. Como resultado desta reunión, o vindeiro ano a deputación comezará a urbanizar a estrada provincial que vai á Igrexa de Perdecanai. Ademais, José Antonio Landín, pediu axuda ó presidente da deputación para acometer a urbanización do entorno da Gardería. Nesta reunión obtivo o compromiso de Louzán en forma dunha achega económica de 60.100 euros. A maiores, o popular Landín tamén prantexou o tema da cidade deportiva. Unha obra que leva varios anos parada; por mor dos atrancos interpostos polo actual goberno bipartito da Xunta; e que supuxeron, segundo denunciou, un importante prexuízo para o Pontevedra Club de Fútbol e para os rapaces deste Concello. Por último, tamén abordaron o tema dos accesos ós Montes de Castrobe; segundo un acordo conxunto ó que chegarán os alcaldes de Poio, Pontevedra, Barro e Meis cos presidentes das comunidades de montes afectadas. O alcalde de Barro asegurou que estas obras contan finalmente co visto bo da Consellería do medio rural; que tamén recolle a imposibilidade de pavimentar tramo algún, por moita pendente que rexistre. Redacción Salnés. |




PONTEVEDRA > O Alcalde de Barro, José Antonio Landín, visitou onte a tarde o Pazo provincial para entrevistarse co presidente do ente provincial, Rafael Louzán.









