Inicio arrow Noticias arrow Comarca Pontevedra arrow Os veciños de Portas recollen firmas pola retirada da estación do Tren
 
 
Os veciños de Portas recollen firmas pola retirada da estación do Tren Imprimir Correo electrónico
Xoves, 06 Decembro 2007

firmasportas_100_001.jpgPORTAS > Os veciños de Portas aproveitaron a celebración da feira que cada ano chega ó seu concello para recoller firmas pola futura retirada da estación do tren na vila.

A chegada do tren de alta velocidade a Galicia vai levar ó seu paso a retirada dun importante número de estacións do tren, situadas en pequenas vilas e concellos. En Portas, unha das estacións afectadas, os veciños aproveitaron a celebración da feira para recadar firmas en contra da medida. Dende que comezaran hai dúas semanas nalgúns bares e establecementos do concello, xa levan recadadas case tres mil sinaturas. Con elas piden que se manteña unha liña secundaria á do AVE para o transporte de pasaxeiros.

Dende a plataforma en contra da retirada da estación, quéixanse de que o goberno na Xunta non aposte pola liña ferroviaria de cercanías, como si fan outras comunidades autónomas. Está previsto que para o ano vindeiro estacións como a de Portas so continúen en activo para a circulación de mercancías.

Redacción Salnés

 


ver_orixe.jpg
comentarios_contrastes.jpg